Situado na parroquia de Tebra, pertencente ao concello de Tomiño, o Ecoparque Arqueolóxico Monte Tetón, ofrece mostras de arte primitiva de gran relevancia europea. Neste caso particular, os gravados prehistóricos agrúpanse en dúas estacións principais nos que se inclúen un repertorio iconográfico composto por cazoletas, formas cuadrangulares, figuras animais e humanas, e sobre todo as impresionantes combinacións de círculos concéntricos. As do grupo 3 con 18 aneis concéntricos e 350 cm de diámetro son das maiores de Europa. |