INICIO CONTACTAR
Galicia alberga un dos conxuntos máis importantes de arte rupestre primitivo ó ar libre da Península Ibérica.
A maior concentración correspóndese coas Rías Baixas, Terra de Montes e Baixo MIño.

Os motivos abstractos son os máis comúns, entre eles destacan as coviñas, círculos en diversas composicións, cadrados e liñas. Tamén aparecen en menor medida, motivos naturalistas como cervos, cabalos, seres humanos e armas.